Clece adhírese ao programa Incorpora de La Caixa para fomentar a contratación de persoas en risco de exclusión social

Clece adhírese ao programa Incorpora de La Caixa para fomentar a contratación de persoas en risco de exclusión social

  • Coa sinatura deste convenio, ambas as entidades reforzan a súa colaboración, que se remonta a 2011, para facilitar o emprego de colectivos vulnerables, como vítimas da violencia de xénero, persoas con discapacidade, en risco de exclusión ou desempregadas de longa duración, entre outros.
     

Madrid, 25 de xaneiro de 2019. Clece e La Caixa acaban de asinar un convenio de colaboración para fomentar a inserción laboral de persoas en risco de exclusión social a través do programa Incorpora, promovido pola entidade financeira. Este ten por obxectivo incrementar a contratación de colectivos vulnerables, así como a prestación de información, formación e asesoramento ás empresas que participen nesta actuación.

O convenio foi asinado hoxe en CaixaForum Madrid pola directora de Recursos Humanos de Clece, Purificación González, e o subdirector xeral da fundación Bancaria La Caixa, Marc Simón.

No marco deste convenio, a compañía comprométese a fomentar a contratación de persoas en risco de exclusión en colaboración con Incorpora en toda España. A través deste programa, a empresa informará dos distintos perfís profesionais para cubrir, unha demanda que se compartirá coas entidades que formen parte do programa e que preseleccionasen as persoas candidatas.

Clece e Incorpora levan colaborando desde o ano 2011 nalgúns territorios españois cun gran éxito de acollida (xestionáronse un total de 3328 ofertas e lográronse 3215 insercións laborais). O convenio que se asina agora profundará na colaboración e permitirá incrementar a calidade dos procesos de integración laboral das persoas participantes no programa.

 

Incorpora: fomento da integración laboral

Incorpora naceu no ano 2006 co obxectivo de establecer pontes entre as empresas e as entidades sociais que se dedican á integración laboral para crear un clima de colaboración e oportunidades para aqueles que máis o necesitan. A iniciativa está dirixida a colectivos, como persoas con discapacidade, xente nova en risco de exclusión, inmigrantes, ex-reclusos, vítimas da violencia de xénero e persoas desempregadas de longa duración.

Incorpora ofrece ás empresas un servizo gratuíto de asesoramento e acompañamento en accións de responsabilidade social, centradas neste caso na integración laboral de persoas en situación de vulnerabilidade.

A consolidación do proxecto, mesmo na actual conxuntura económica, pon de manifesto que, a través deste programa, as empresas atopan unha vía para contribuír á mellora da súa contorna máis inmediata para paliar o desemprego.

O proxecto social de Clece, baixo os eixos de Integración e Sensibilización, busca a inclusión daqueles colectivos sociais máis vulnerables. Na actualidade, un 11,6 % do seu cadro de persoal, 8749 traballadores, son persoas con diversidade funcional, persoas en risco de exclusión, vítimas da violencia de xénero e xente nova desempregada. Para iso colabora con 350 asociacións, fundacións, entidades sociais e organismos públicos.