Clece convoca os seus premios anuais a iniciativas destacadas contra a violencia de xénero

Clece convoca os seus premios anuais a iniciativas destacadas contra a violencia de xénero

  • Entregaranse tres premios a proxectos de entidades sociais dedicadas á atención ás mulleres vítimas cunha dotación de 10 000 euros cada un e un premio ao mellor traballo xornalístico cun premio de 7000 euros.
  • A IV edición introduce dúas novas categorías: á iniciativa de sensibilización máis destacada e á asociación que máis colabore con Clece no ámbito da integración laboral.
  • O xurado, integrado por sete persoas vinculadas a esta realidade dende distintos ámbitos, volverá contar co director e guionista de cine Luis Lorente como presidente.
  • A vinculación das candidaturas coa integración laboral e o emprego será un dos principais criterios de valoración para o xurado.

 

Madrid, 14 de xuño de 2018. Clece Social, o proxecto social de Clece, convocou a IV edición dos Premios Compromiso dedicados a recoñecer iniciativas destacadas na loita contra a violencia sexista dende distintos ámbitos, especialmente aquelas vinculadas coa integración laboral das mulleres vítimas.

Na presentación celebrada esta mañá nos Teatros del Canal de Madrid, explicouse como a IV edición manterá o foco en premiar o labor realizado por asociacións e entidades sen ánimo de lucro que traballan día a día con este colectivo. Ademais, convocarase novamente a categoría dirixida a xornalistas que contribúan a informar e sensibilizar sobre esta realidade. Como novidade, este ano concederase un premio á mellor iniciativa de sensibilización pola súa capacidade de concienciación sobre o problema e un recoñecemento para a entidade que máis colabore con Clece na integración laboral de vítimas da violencia sexista.

«Os Premios Compromiso son unha mostra da sensibilidade crecente da sociedade cara ao grave problema da violencia de xénero. Pola nosa actividade e polo noso proxecto social, en Clece non podemos permanecer alleos, temos que involucrarnos na procura de saídas. O noso compromiso foi crecendo nos últimos anos e na actualidade traballan connosco 227 mulleres vítimas. Os Premios Compromiso supuxeron un claro impulso na sensibilización e na contratación. Por exemplo, o ano pasado, durante a gala de entrega, comprometémonos a contratar nun ano 139 mulleres, o mesmo número de candidaturas que recibimos de entidades sociais, e xa conseguimos 87, máis da metade» afirmou José Andrés Elizaga, director de Comunicación e Relacións Externas de Clece.

O emprego será un dos elementos que este ano terá especial peso na valoración que o xurado faga das candidaturas presentadas. «A integración laboral é onde Clece ten maior capacidade de compromiso e, por tanto, faremos unha maior énfase neste punto á hora de valorar as candidaturas, sen esquecer, por suposto, que o emprego é un elo máis, quizais o último, no proceso que teñen que pasar estas mulleres na súa recuperación até comezar unha nova vida» explicou José Andrés Elizaga.

 

Seis premios en catro categorías

A IV edición dos Premios Compromiso concederá un total de seis recoñecementos en catro categorías:

  • Premios aos Mellores Proxectos Sociais de entidades sen ánimo de lucro relacionados coa integración laboral de mulleres vítimas da violencia de xénero. Nesta categoría, o xurado premiará os tres mellores proxectos que recibirán unha dotación económica de 10 000 euros.
  • Premio ao Mellor Traballo Xornalístico relacionado coa violencia de xénero. Nesta categoría, o xurado elixirá o autor ou autora do mellor traballo en prensa escrita que será premiado con 7000 euros.
  • Premio á Iniciativa de Sensibilización máis destacada do ano en materia de violencia de xénero. Nesta categoría, entregarase un galardón acreditativo á acción, campaña ou programa audiovisual contra a violencia de xénero ou de promoción da sensibilización social sobre esta lacra.
  • Recoñecemento Especial á asociación ou entidade que máis colabore con Clece na integración laboral das vítimas da violencia de xénero, mediante un galardón acreditativo.

O prazo para a presentación dos proxectos sociais e os traballos periodísticos xa está aberto e finaliza ás 19:00 horas do día 14 de setembro. Toda a información relativa á presentación de candidaturas pódese consultar nas bases publicadas nesta ligazón.

Xurado de expertos

O xurado, integrado por persoas vinculadas a esta realidade dende distintos ámbitos, volverá contar co director e guionista de cine Luis Lorente como presidente.

«Hai que dimensionar a importancia crucial e diferente destes premios porque a tarefa de Clece é estratexicamente esencial para loitar contra a desigualdade, en concreto, nunha das súas formas máis extremas que é a violencia de xénero.»

Así mesmo, repetirán como membros do xurado a delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, María José Ordóñez; a presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero e Doméstica, Ángeles Carmona, e o presidente de Clece, Cristóbal Valderas. Como novas incorporacións, a IV edición contará co comisario xefe das Unidades de Familia e Muller da Policía Nacional, Santiago Carrasco; e a directora e presentadora do programa de Radio5, Ellas pueden, Marta Pastor.

«O xurado completarase cunha nova incorporación para cubrir o oco que nos deixaron a actualidade política e os recentes nomeamentos do Goberno. É o caso do xuíz Grande-Marlaska, agora ministro de Interior. Decatámonos, como todos, da nova do nomeamento a semana pasada e estamos, en consecuencia, pendentes de pechar a composición do xurado» comentou José Andrés Elizaga.

Bases IV Premios Compromiso