FINALISTAS DA III EDICIÓN DOS PREMIOS COMPROMISO

FINALISTAS DA III EDICIÓN DOS PREMIOS COMPROMISO

Clece Social, o proxecto social de Clece, dá a coñecer os finalistas da III Edición dos Premios Compromiso, galardóns que buscan recoñecer e impulsar iniciativas sociais de axuda a colectivos desfavorecidos. A diferenza das edicións anteriores, esta vez os premios convocáronse a nivel estatal e están centrados nunha problemática concreta: a violencia de xénero.

Os finalistas por categorías son os seguintes:

Premio ao Mellor Proxecto Social relacionado con mulleres vítimas da violencia de xénero realizado por entidades sen ánimo de lucro. Dos seis finalistas premiaranse tres proxectos sociais.

  • Hilos Violeta. Asociación de mulleres La Rondilla. Valladolid
  • Atención e intervención integral en fillos menores de nais VVG. Asociación Deméter pola Igualdade. Málaga
  • Mirada en violeta. Candelita. Madrid
  • Punto de encontro familiar con perspectiva de xénero. Asociación Domitila Hernández. Tenerife
  • Integración sociolaboral de mulleres VVG. Fundación ARED. Barcelona
  • Dona Impuls. Fundación Novafeina. Quart de Poblet (Valencia)

 

Premio ao autor ou autora do Mellor Traballo Xornalístico relacionado coa violencia de xénero. Dos tres finalistas premiarase un traballo xornalístico.

  • Laura Gutiérrez. Diario Médico.
  • Arturo Checa. Las Provincias.
  • Chelo Tuya. El Comercio.

Os gañadores da III Edición dos Premios Compromiso daranse a coñecer o próximo 7 de novembro na gala que se celebrará en Teatros del Canal de Madrid. Ademais das dúas candidaturas a concurso, concédese un premio especial do xurado á personalidade máis relevante na loita contra a violencia de xénero, que será seleccionada polo xurado.

O xurado da III Edición está integrado por destacadas personalidades do mundo institucional e da sociedade civil relacionados coa loita contra a violencia de xénero: María José Ordóñez, delegada do Goberno para a violencia de xénero; Lucía del Carmen Cerón, directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades; Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero; Marta Ariño, conselleira delegada de G+J España; Luis Lorente, director de cine e guionista, director da película Rotas; Fernando Grande-Marlaska, xuíz; Gemma Nierga¸ xornalista, e Cristóbal Valderas, presidente de Clece.