CLECE OBTÉN A CERTIFICACIÓN EFR POLA XESTIÓN EN CONCILIACIÓN LABORAL

CLECE OBTÉN A CERTIFICACIÓN EFR POLA XESTIÓN EN CONCILIACIÓN LABORAL

Clece obtivo o certificado EFR emitido pola Fundación Másfamilia, co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, debido ao impulso continuo de políticas orientadas a mellorar a calidade do emprego, o desenvolvemento profesional dos seus traballadores e a integración laboral de colectivos socialmente vulnerables nos últimos anos.

Esta certificación recoñece aquelas empresas e institucións que perseguen a xestión da conciliación entre os ámbitos laboral, familiar e persoal, o apoio á igualdade de oportunidades e a inclusión dos máis desfavorecidos. Para a obtención deste selo, realizouse unha ampla auditoría de certificación á estrutura de xestión do cadro de persoal de Clece que presta os seus servizos en Madrid e da que dependen máis de 368 persoas.

«En Clece apostamos por un modelo de xestión en que primen a calidade no emprego, as posibilidades de desenvolvemento profesional e de conciliación dos nosos empregados, e a igualdade de oportunidades», declarou Purificación González Pérez, directora de Recursos Humanos de Clece.

Para a Fundación Másfamilia, contar con empresas comprometidas coa conciliación, a través da xestión EFR, é contar con empresas que apostan por mellorar tanto no ámbito empresarial coma no ámbito social, segundo declarou o director xeral de Fundación Másfamilia, Rafael Fuertes.