CLECE REFORZA A SÚA PRESENZA EN PORTUGAL COA XESTIÓN DA SÚA PRIMEIRA RESIDENCIA DE MAIORES

CLECE REFORZA A SÚA PRESENZA EN PORTUGAL COA XESTIÓN DA SÚA PRIMEIRA RESIDENCIA DE MAIORES

Clece S. A. foi a adxudicataria da xestión e explotación da residencia de maiores Domus Mater Dei, situada na localidade portuguesa de Fátima. O servizo comezou o pasado 1 de agosto de 2017.

Trátase da primeira adxudicación concedida a Clece que comprende a xestión íntegra dunha residencia de maiores en Portugal, concretamente en Fátima, a principal localidade relixiosa do país.

Desta maneira, Clece asume a atención persoal dos maiores que contan con dificultades de autonomía, ademais de cubrir todas as necesidades e coidados que os anciáns poidan requirir no desenvolvemento do seu día a día. Este proxecto supón para o centro unha nova etapa baseada na innovación e na excelencia na atención aos maiores que caracterizan a Clece, converténdose así nun centro de referencia.

Domus Mater Dei foi creada no ano 2014 e ten capacidade para 60 residentes. Ademais, o centro ofrece varios tipos de habitacións: 2 suites de matrimonio, 8 cuartos individuais e 22 cuartos dobres. Así mesmo, a residencia conta cun cadro de persoal profesional formado por especialistas e ofrece diversos servizos para facilitar a estancia dos usuarios, como menús adaptados ás necesidades de cada residente, ximnasio, fisioterapia e recuperación, barbaría, biblioteca e unha enfermaría aberta as 24 horas.

Esta adxudicación reforza a presenza internacional da compañía, concretamente no país luso, onde está presente desde 2010 con máis de 2200 profesionais repartidos por todo o territorio.

Máis información en www.domusmaterdei.pt