CLECE, PREMIO DO MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE POLO SEU COMPROMISO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CLECE, PREMIO DO MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE POLO SEU COMPROMISO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSSI) distinguiu a Clece pola súa implicación na loita contra esta eiva social.

Clece recibiu un dos Premios en Recoñecemento a Organizacións e Persoas Comprometidas coa Erradicación da Violencia contra a Muller concedidos anualmente polo MSSSI desde o ano 2004. O presidente de Clece, Cristóbal Valderas Alvarado, recolleu o galardón de mans do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, durante o acto institucional do 25 de novembro que tivo lugar o venres no Palacio da Moncloa.

«É un recoñecemento moi valioso e cheo de significado. Reflicte o traballo de moitas persoas implicadas nun proxecto integrador, colaborativo e de axuda ás persoas socialmente máis vulnerables, entre elas, as vítimas da violencia de xénero. Vulnerables e extraordinariamente fortes á vez. Para elas é este premio», declarou o presidente de Clece.

O galardón premia o traballo que a compañía, a través do seu proxecto social Clece Social, leva realizando desde hai anos a prol da integración sociolaboral das mulleres vítimas de violencia sexista e da sensibilización ao redor da complexa realidade que viven. Na actualidade conta no seu cadro de persoal con 204 traballadoras vítimas da violencia de xénero e promove distintas iniciativas de concienciación, como eventos e campañas. Ademais, forma parte da Rede de Empresas por unha Sociedade Libre de Violencia de Xénero.

entrega-premios-ministerio-cristobal

entrega-premios-ministerio-clece