Unha tonelada de solidariedade

Unha tonelada de solidariedade

Máis dunha tonelada de alimentos doados: velaquí o satisfactorio balance da campaña «Un almorzo, un quilo» levada a cabo nas cafetarías de catro hospitais e unha universidade de Cataluña , así como en cinco cafetarías de Mallorca con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza celebrado o 17 de outubro.

A campaña foi realizada conxuntamente coa división de restauración de Clece, quen se encargou de xestionar o servizo de cafetaría nos dez centros participantes: Hospital Arnau de Vilanova e Hospital Santa Maria de Lleida; Universitat Autònoma de Barcelona, Hospital de Viladecans e Hospital Universitari de Bellvitge, e Cafetería TGSS la Rambla, Es Cafetó, Es Fornet, Cafetería Llar de la Joventut e Cafetería IB3 en Palma de Mallorca.

Con esta iniciativa, os clientes das cafetarías interesados en participar recibiron de forma gratuíta un almorzo solidario a cambio de achegar un quilo de alimentos. Con isto acadáronse até 672 quilos, cantidade a que hai que sumar a achega de media tonelada realizada por Clece Restauración e a doazón de 114 quilos do persoal da compañía. O total ascendeu a 1 278 quilos.

Por centros, os hospitais Arnau de Vilanova e Santa Maria de Lleida obtiveron 140 quilos a beneficio de Arrels Sant Ignasi de Lleida. A Universitat Autònoma de Barcelona doou 110 quilos a Rebost Solidari de Cerdanyola; o hospital de Viladecans, 62 quilos a Creu Vermella Viladecans; o Hospital Universitari de Bellvitge, 180 quilogramos a beneficio de Creu Vermella de l’Hospitalet de Llobregat, e as cafetarías TGSS la Rambla, IB3, Es Cafetó, Es Fornet e Llar de la Joventut, 180 quilos ao Banco de Alimentos de Mallorca. Por último, os 114 quilos de alimentos doados nas oficinas de Clece Cataluña foron destinados a Casa Gregal en Poblenou.

A empresa do grupo Deyse Neteges i Manteniment sumouse á iniciativa achegando un lote completo de produtos e materiais de limpeza e hixiene.

Galería Desayunos solidarios