O GRUPO INTEGRA CEE REFORZA A SÚA APOSTA POLA FORMACIÓN CONTINUA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

O GRUPO INTEGRA CEE REFORZA A SÚA APOSTA POLA FORMACIÓN CONTINUA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

  • O centro especial de emprego de Clece, Integra CEE, puxo en marcha Integra Formación, un centro que ofrece a empresas e organizacións asesoramento e apoio para a formación de persoas e profesionais que presentan algún tipo de diversidade física, psíquica ou sensorial.

O Grupo Integra CEE puxo en marcha o seu proxecto Integra Formación, un centro de formación 360 que ofrece asesoramento e apoio a empresas e organismos, así como formación continuada e personalizada a profesionais con diversidade funcional para mellorar as súas habilidades en ámbitos como servizos auxiliares, servizos administrativos, servizos de limpeza, axuda no domicilio e sociosanitaria, prevención de riscos laborais, liderado, xestión de equipos e competencias profesionais etcétera.

Desde a súa apertura en marzo deste ano, polo centro pasaron até o momento ao redor de 1 500 participantes para adquirir novos coñecementos e habilidades ou para se reciclar e mellorar os que xa tiñan.

Integra Formación dispón dun equipo de profesionais altamente cualificados con máis de 14 anos de experiencia no sector que desempeñan un dobre labor. Por unha banda, ofrecen asesoramento e xestión integral ás compañías e organismos. Isto significa que cobren desde o labor de consultoría e análise das necesidades para deseñar plans de formación a medida, até a xestión administrativa dos procesos, xestión de contidos, loxística da operación e externalización dos procesos. Doutra banda, ofrecen formación de carácter xeral ou específica, xa sexa illada ou continua, aos profesionais con diversidade funcional, todo iso co fin de axudarlles a adquirir, mellorar ou reciclar as súas habilidades e competencias.

Para iso dispón dun centro de máis de 500 m2 distribuídos en catro amplas aulas formativas (dúas delas informatizadas), unha aula-taller con maquinaria específica para realizar prácticas, ademais de áreas de descanso e zona de cátering. En todo o complexo coidáronse ao máximo as medidas de accesibilidade. Así mesmo, cóntase con tecnoloxías e medios pedagóxicos específicos para adaptar as necesidades de formación ao perfil e necesidades individuais dos profesionais.

Por último, cómpre salientar que o centro Integra Formación está certificado pola Comunidade de Madrid en materia de limpeza de superficies, mobiliario para edificios e locais, e operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. Actualmente, está en proceso de recibir a homologación como centro de formación en seguridade privada e o certificado de atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e axuda sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Máis información acerca de Integra CEE