Ofrecemos un servizo especializado de atención integral a mulleres vítimas da violencia de xénero. Ademais da acollida e aloxamento tanto ás mulleres que sufriron esta situación coma aos seus fillos menores, pomos ao seu dispor asistencia psicolóxica, información, orientación, asesoramento xurídico e laboral, así como educación e formación (obradoiros e cursos).

Conscientes da importancia de que estas persoas se poidan integrar na sociedade, en Clece traballamos por lles ofrecer unha oportunidade laboral, lonxe da súa contorna, onde desenvolver e formar unha nova vida. Na actualidade, máis de 165 mulleres vítimas da violencia sexista foron integradas laboralmente en Clece.

33 MULLERES COS SEUS FILLOS NO CENTRO DE PROTECCIÓN DE VALENCIA
175 MULLERES VVX INTEGRADAS NO CADRO DE PERSOAL EN 2015
9 MULLERES NA CASA DE ACOLLIDA DE ZAMORA