En Clece contamos con ampla especialización no desenvolvemento de solucións de subministración e eficiencia enerxética de alumeado público, achegando o concepto de cidade intelixente á cidadanía.

Ofrecemos aos concellos asesoramento en contratos de servizos enerxéticos, xestión e mantemento de sistemas, e execución de proxectos de implantación de tecnoloxía LED. Contamos coa máis avanzada tecnoloxía de control punto a punto para supervisar o correcto funcionamento das luminarias, o seu aceso e apagado, así como para monitorizar o seu consumo, contribuíndo a un uso sustentable e eficiente da enerxía.

Tamén apostamos polo deseño e implantación de enerxías renovables co obxectivo de contribuír ao crecemento sustentable das cidades e ao aforro enerxético.

26.086 LUMINARIAS CONTROLADAS E XESTIONADAS
6,1GWH
XESTIONADOS
1.85M €
INVESTIMENTO MÁXIMO POR PROXECTO