A diversidade da contorna educativa e a necesidade de conciliación de moitas familias xeran unha serie de demandas sociais e educativas entre as que se atopan o apoio educativo e as actividades extraescolares.

Os servizos educativos auxiliares de Clece están adaptados ao proxecto educativo e mais á liña pedagóxica de cada centro escolar. Abranguen actividades e prestacións complementarias, así como soporte educativo a estudantes nos diferentes niveis de escolarización, tanto dentro do propio centro coma fóra do horario lectivo.

Clece tamén ofrece apoio e soporte para as familias con fillos con necesidades educativas especiais (ACNNEE) que teñen dificultades motrices, sensoriais ou outras discapacidades, co obxectivo de reforzar e dar continuidade ao proceso pedagóxico destes alumnos fóra do horario escolar, complementando e potenciando o traballo diario e as súas capacidades de aprendizaxe e socialización.