En Clece contamos con ampla experiencia e especialización na prestación de servizos de atención integral a persoas con diversidade funcional en centros de atención ás persoas con discapacidade física (CAMF) ou psíquica (CAMP).

Abranguemos desde o servizo de residencia, a manutención e os tratamentos para favorecer o desenvolvemento dos usuarios (fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica e social), até actividades culturais, de lecer e tempo libre.

A nosa empresa, ademais, está moi focalizada cara a este colectivo e a súa integración laboral, para o que contamos cun centro especial de emprego propio, Integra CEE, con máis de 1 700 empregados dos que un 86 % teñen diversidade funcional.

11 CENTROS XESTIONADOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
667 PROFESIONAIS DEDICADOS
1.440 USUARIOS ATENDIDOS