Clece presta servizos integrais de axuda no domicilio dirixidos tanto a persoas en situación de dependencia (xa sexan persoas maiores, con discapacidade ou con algunha enfermidade) coma aos seus familiares cun obxectivo principal: mellorar a súa calidade de vida.

Neste sentido, os nosos máis de 17 000 profesionais especializados traballan para promover a seguridade e confianza destas persoas sexa cal for o seu grao de dependencia, potenciando a súa autonomía e integración social, á vez que garanten a tranquilidade e benestar dos familiares e lles ofrecen asesoramento técnico e formación.
O noso servizo integral vai desde terapias de estimulación cognitiva até servizos máis persoais, como limpeza, podoloxía, barbaría etc.

Ademais, contamos cunha central de seguimento 24 horas os 365 días do ano que permite asegurar o completo benestar das persoas dependentes e a tranquilidade das súas familias e coidadores. Este servizo encárgase de resolver de forma rápida e efectiva calquera incidencia, á vez que fai un labor de seguimento con contactos periódicos e acompañados.

100.779 PERSOAS ATENDIDAS NO SEU DOMICILIO
365 DÍAS AO ANO SERVIZO DE MENÚ PERSONALIZADO NO DOMICILIO
24h/365
CENTRAL DE SEGUIMENTO