Profesionalidad y Conducta

Profesionalidade e conduta

Clece elaborou un documento de principios éticos no que se recollen as pautas de actuación e conduta que esixe a todo o seu persoal.

Como instrumento de comprobación do seguimento destes principios, habilitouse unha canle de denuncias para que os diferentes grupos cos que interactúa Clece (empregados, clientes, provedores etc.) poidan comunicar as súas queixas ou denuncias.

Unicamente deberás identificarte e detallar o motivo da túa comunicación. Clece garante a confidencialidade e comprométese a adoptar as accións precisas en cada caso.

Canle Denuncias

Mediante esta canle permítese a calquera persoa comunicar as condutas irregulares en calquera das empresas que forman parte do Grupo Clece.

Para iso, a empresa manterá unha dirección de correo electrónico (canaldenuncias@grupoclece.com) e unha dirección postal (Canle de Denuncias, Grupo Clece, rúa Quintanavides 19, 28050 Madrid, España) a través das que se poderán comunicar incumprimentos ou resolver dúbidas relacionadas cos principios éticos definidos pola dirección.

Os requisitos que deben cumprir as denuncias para seren tramitadas son os seguintes:

  • Identificación do denunciante (nome e apelidos).
  • Feitos, persoa ou colectivo denunciado.
  • Argumentos ou probas veraces e precisas que sosteñan a denuncia.

Os feitos denunciados son recibidos polo Comité de Seguimento. Este estudará as denuncias e adoptará as medidas necesarias, garantindo en todo momento a estrita confidencialidade do denunciante.

Principios éticos

Ver más

Código de conduta

Ver más