Clece «corre por elas»

Clece «corre por elas»

  • Máis de 100 empregados e familiares de Clece participaron na carreira Hai Saída cuxa terceira edición congregou 2 500 participantes en Madrid baixo a lema «Corre por elas».

Madrid, 12 de xuño de 2016. Por terceiro ano consecutivo, Clece volveu participar na Carreira Hai Saída, unha iniciativa da revista Mía en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Con 100 dorsais para os seus empregados e a realización de actividades de animación infantil, Clece implicouse na terceira edición desta carreira por unha sociedade libre de violencia sexista. Baixo a lema «Corre por elas», a convocatoria congregou máis de 2 500 participantes para facer un percorrido de 5 quilómetros polo madrileño Parque do Retiro. Máis de 100 empregados de Clece sumáronse ao evento, entre os que repetían experiencia o propio presidente da compañía, Cristóbal Valderas, e o corredor profesional e traballador de Clece, Eduardo Meca Soto.

Así mesmo, igual ca en edicións anteriores, por medio da súa división de Escolas Infantís e para facilitar a participación de máis corredores, Clece organizou obradoiros e actividades gratuítas para nenos no recinto do parque, punto de inicio e meta da carreira.

Vinculada desde a primeira edición da carreira, Clece comparte o obxectivo de concienciar a sociedade da gravidade deste problema e implicar todas e cada unha das persoas que a forman para que actúen, construíndo unha sociedade libre de calquera tipo de violencia contra as mulleres e apoiando aquelas que sofren malos tratos. En 2015 foron asasinadas en España 57 mulleres por violencia de xénero, e un total de 821 mulleres son as vítimas mortais dos últimos 10 anos.