NDAVANT recibe a Etiqueta Responsable na 6.ª Semana da Responsabilidade Catalá

NDAVANT recibe a Etiqueta Responsable na 6.ª Semana da Responsabilidade Catalá

 

  • Impulsado pola Asociación +Responsables para empresas e organizacións que fixeron públicos os seus 10 + 1 compromisos en responsabilidade social

Barcelona, Decembro 2015. Ndavant, empresa de servizos de comedores escolares e tempo libre educativo de Clece, recibiu o distintivo Etiqueta Responsable promovido por Ingeniería Social, SAL e a Asociación +Responsables, que a acredita polas súas boas prácticas en responsabilidade social.

O distintivo foi recollido por Rosa Llamas Varela, delegada social de Clece, durante a inauguración oficial da 6.ª Semana da Responsabilidade Catalá, á que asistiron diversas autoridades da Generalitat de Catalunya, o Concello de Barcelona, a Deputación de Barcelona e tamén a Fundación Bancaria La Caixa.

A Semana da Responsabilidade Catalá cumpriu este ano a súa sexta edición cun intenso programa destinado a coñecer boas prácticas, poñer en valor aqueles que xa traballan con criterios de responsabilidade social corporativa, fomentar o voluntariado, facilitar as ferramentas adecuadas e visibilizar casos de éxito. Do 10 ao 14 de novembro, leváronse a cabo conferencias, relatorios, obradoiros e sesións de portas abertas nas que participaron empresas como UDON, Recamlaser, Ndavant, Nestlé, Kromschoreder, Bermos, Redyser, o Hospital Platón, a Corporación Catalá de Medios de Comunicación, o Instituto Catalán de Oncoloxía, a Fundación Claror ou Can Cet. 

A Etiqueta Responsable é un distintivo que conta co apoio e o recoñecemento do Concello de Barcelona, e que distingue aquelas empresas ou organizacións que apostaron pola xestión social e ambientalmente responsable, ofrecéndolles unha ferramenta para comunicar aos seus clientes de xeito sinxelo o valor engadido da súa empresa a partir de responder 11 cuestións concretas do que fan no eido social, económico e medioambiental na empresa/organización. De igual forma, a obtención deste distintivo obriga as empresas a faceren un exercicio de transparencia e a abriren as súas portas como mínimo unha vez ao ano co gallo da semana para explicar e mostrar aos seus distintos grupos de interese as actuacións reflectidas no distintivo de Etiqueta Responsable.