II Memoria Social de Clece

II Memoria Social de Clece

  • Un compromiso social contado a través de testemuños persoais

Novembro 2015. Clece acaba de publicar a segunda edición da súa memoria social onde fai un completo balance do seu proxecto social pondo o acento en experiencias de éxito e testemuños persoais dos seus beneficiarios.

Vertebrado en catro eixes de actuación (empregabilidade, integración, sensibilización e coidado de persoas), o compromiso social de Clece reflíctese en iniciativas dirixidas a achegar beneficios directos e indirectos a diferentes colectivos, especialmente aqueles máis vulnerables, como persoas con discapacidade, vítimas da violencia de xénero, persoas en risco de exclusión, vítimas do terrorismo ou xente nova en situación de desemprego.

No ámbito da empregabilidade, o obxectivo de Clece é favorecer o acceso ao mercado laboral e potenciar o desenvolvemento profesional e persoal dos seus traballadores. Cun cadro de persoal de 71 429 empregados e un crecemento anual de 4000 postos de traballo, é «a terceira empresa privada máis grande do país por número de empregados, un gran equipo en número pero, o máis importante, un gran equipo en calidade humana e sensibilidade social, valores que reflectimos no noso traballo e que fixeron posible que o noso proxecto social evolucionase tanto en, relativamente, tan pouco tempo», destaca Cristóbal Valderas, presidente de Clece.

Unha empresa integradora
No ámbito da integración, 6256 traballadores de Clece pertencen a colectivos desfavorecidos, un 8,7 % do cadro de persoal. En concreto, 4636 son persoas con discapacidade, 937 xoves en desemprego, 501 persoas en risco de exclusión, 178 vítimas da violencia sexista e 4 vítimas do terrorismo. Para levar a cabo a súa integración, Clece colabora con máis de 200 asociacións, fundacións, entidades sociais e organismos públicos como fontes de selección e inserción de colectivos desfavorecidos.

«As cifras de integración son alentadoras, máis aínda se coñeces as historias reais, historias con nomes e apelidos, que hai detrás destas cifras. Persoas en situacións precarias ou de especial vulnerabilidade que atopan no traballo unha vía para seguir adiante. Precisamente por iso, na nosa memoria social demos voz a estas persoas para que elas sexan as que conten o noso compromiso en primeira persoa» afirma Cristóbal Valderas.

Premios Compromiso e foros pola integración
Clece non só busca dar unha oportunidade laboral a colectivos desfavorecidos, senón tamén promover, organizar e patrocinar accións para facer visible a súa realidade. O obxectivo é concienciar a sociedade da realidade e da situación que viven estas persoas e implicar empresas, organizacións e outras administracións.

Entre as últimas iniciativas de sensibilización postas en marcha destacan os Premios Compromiso. Co obxectivo de apoiar o labor de entidades sociais e organizacións sen ánimo de lucro, Clece creou e organizou estes galardóns que recoñecen os mellores proxectos de eido local en temas relacionados coa axuda a persoas maiores, integración de persoas con discapacidade, mulleres que sofren violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social.

Outro fito destacado foi a posta en marcha do sitio web www.clecesocial.es que recolle historias e testemuños reais relacionados co compromiso social de Clece. A isto cómpre engadir a celebración en Valencia do II Foro-Coloquio «Clece pola Integración» centrado nas mulleres vítimas da violencia sexista.

Coidado de persoas
Clece realiza distintas actuacións sociais que van máis aló da prestación do servizo comprometido coa administración correspondente. O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos usuarios favorecendo o seu desenvolvemento e integración social. Neste apartado, Clece leva a cabo distintas actuacións, como encontros interxeracionais ou xornadas con familiares, investigación e desenvolvemento de terapias innovadoras e de benestar; iniciativas de integración, como actividades lúdicas e culturais con persoas maiores, ou accións solidarias, como campañas de recolleita de roupa e xoguetes para axudar nenos desfavorecidos.

A II Memoria Social recolle ademais o compromiso de Clece en materia medioambiental, onde actúa para a redución do consumo enerxético propio e de terceiros, ademais de sensibilizar sobre o coidado do medio natural.