O Concello de Málaga e Clece asinan un convenio para a inserción laboral de persoas en risco de exclusión social

  • Este convenio pretende, por unha banda, dar resposta á necesidade de persoal do servizo de axuda a domicilio, cuxa demanda medrou un 25 % en 2014, á vez que ofrece oportunidades de acceso ao emprego a colectivos vulnerables.
  • Actualmente, preto de 1000 auxiliares atenden 2200 persoas dependentes na cidade.
  • O acordo permitirá abrir a convocatoria de 70 candidatos acreditados en situación de exclusión social.

Málaga, 14 de xullo 2015. Clece, empresa líder en multiservizos, asinou un convenio de colaboración co Concello de Málaga para a inserción laboral de colectivos desfavorecidos co obxectivo de reforzar a necesidade de persoal do servizo de axuda a domicilio (SAD) e dar unha oportunidade de acceso ao emprego a persoas en risco de exclusión.

A evolución do SAD estivo marcada por un constante crecemento dende que Clece comezou a prestar este servizo en xaneiro de 2011 á totalidade do municipio de Málaga. Na actualidade hai aproximadamente1000 auxiliares que ofrecen atención a preto de 2200 persoas dependentes e, só no último ano, a demanda deste servizo medrou un 25 %.

Nun inicio está previsto que este acordo permita abrir a convocatoria de 70 novas prazas a candidatos con este perfil de exclusión social para reforzar o servizo de axuda a domicilio en Málaga.

O servizo de axuda a domicilio non deixou de medrar nos últimos anos. Só en 2014, incorporáronse 785 novas altas de usuarios e en 2015, de momento, sumáronse 369 persoas máis, datos moi positivos que demostran o excelente labor dos profesionais de Clece para mellorar a calidade de vida, a autonomía e a contorna familiar e a seguridade da cidadanía dependente en Málaga.

O servizo que o Concello de Málaga ofrece a través de Clece diríxese aos colectivos dependentes e tamén a outros con necesidades puntuais co obxecto de conciliar a vida laboral e familiar, a nais de familias numerosas, monoparentais ou con parto múltiple nos primeiros días de volta á casa tras o parto etcétera. Ademais de fornecer atencións persoais, soporte social e axuda nas tarefas do fogar, inclúe tamén outros servizos, como barbaría, podoloxía ou reparacións domésticas, entre outros complementos.

Este convenio asinado entre o Concello de Málaga e Clece é unha iniciativa máis que se une ao amplo e sólido labor que desenvolve o grupo por medio do seu proxecto social, Clece Social, vertebrado en 4 eixos: empregabilidade, integración, sensibilización e coidado das persoas e colectivos desfavorecidos. A propia compañía e os 5032 empregados procedentes de colectivos de difícil inserción que traballan nela poñen nomes e rostros a este compromiso que mantén o grupo Clece coas persoas.