O reto deportivo solidario «Móvete por un mundo mellor» recolle máis de 1700 quilos de comida para os máis necesitados en Huelva

O reto deportivo solidario «Móvete por un mundo mellor» recolle máis de 1700 quilos de comida para os máis necesitados en Huelva

  • Na iniciativa, organizada por Clece Social en colaboración coa Cidade Deportiva de Huelva, doáronse 3 kg de alimentos por cada un dos 550 participantes.
  • Cruz Vermella e a Fundación Valdocco, entidades colaboradoras no evento, foron as beneficiarias.

Huelva, 3 de xuño 2015. O evento deportivo solidario «Móvete por un mundo mellor», organizado por Clece Social —o proxecto social de Clece— xunto coa Cidade Deportiva de Huelva, conseguiu recoller o pasado sábado un total de 1746 quilos de comida que se destinarán á Cruz Vermella e á Fundación Valdocco, entidades sociais que traballan para axudar colectivos vulnerables da provincia de Huelva e que tamén colaboraron nesta iniciativa.

Nas actividades deportivas organizadas (ácuatlon, zumbathon e tirolesa) participaron máis de 550 persoas, moitas delas con algunha discapacidade ou con necesidades especiais. Por cada inscrición doáronse 3 kg de alimentos non-perecedoiros, ao que se suma o feito de que moitos dos participantes acudiron con multitude de alimentos que se doaron directamente á Cruz Vermella de Huelva.

«Con esta iniciativa quixemos sensibilizar os participantes sobre a realidade diaria á que se enfrontan os colectivos máis vulnerables, mediante a realización dunha actividade deportiva e saudable» afirma Juan Francisco Sánchez, xefe de servizos de Clece en Huelva. «Grazas a este reto deportivo, no que tamén quixemos fomentar a participación de persoas con necesidades especiais, puidemos ver o espírito solidario do equipo humano de Clece», engade.