Clece impulsa a acreditación das competencias profesionais de 5000 traballadores de atención socio-sanitaria en Andalucía

  • Trátase do primeiro convenio de colaboración para o recoñecemento da experiencia profesional asinado por unha empresa en Andalucía.
  • O novo acordo permite a acreditación das competencias do cadro de persoal no servizo de axuda a domicilio de Clece.

Madrid, maio 2015. Clece, empresa líder en multiservizos, asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e Deporte da Xunta de Andalucía e a Confederación Sindical de Comisións Obreiras para acreditar o certificado de profesionalidade de atención socio-sanitaria a persoas no domicilio. Clece convértese así na primeira empresa de Andalucía que posúe un convenio propio para a formación do seu cadro de persoal.

Este acordo permitirá a convocatoria de 5000 prazas de certificación de acreditacións profesionais na  devandita área dirixidas aos seus traballadores no sector de dependencia en Andalucía. Desta forma, dende a empresa facilítase a certificación profesional dos seus empregados, fomentando o benestar do equipo e adaptándose ás novas necesidades que, por lei, van xurdindo neste colectivo.

Neste sentido, o novo convenio garante o cumprimento do artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das cualificacións e formación profesional, que regula o recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións profesionais, e polo que todo o persoal auxiliar do servizo de axuda a domicilio (SAD) debe acreditar as súas competencias profesionais. Esta acreditación conséguese coas competencias profesionais adquiridas mediante a experiencia laboral ou as vías non-formais de formación. Para iso, establécese un sistema que comprende tres etapas: asesoramento, avaliación e rexistro das unidades de competencias superadas polos participantes.

Co fin de cumprir cos obxectivos deste convenio, Clece realizará un grande investimento económico e humano, pondo ao dispor do persoal auxiliar do SAD un equipo experto asesor que favorecerá, na medida do posible, a consecución do certificado de profesionalidade de atención socio-sanitaria a persoas no domicilio.

Este acordo supón un grande avance para todo o colectivo de auxiliares do servizo de axuda a domicilio, xa que unha alta porcentaxe deste grupo aínda non posúe a certificación. «A sinatura deste convenio mostra o compromiso de Clece, non só co coidado das persoas, senón tamén co esmero por conseguir o mellor para o seu cadro de persoal», afirma Gabriel Vázquez, responsable de Recursos Humanos de Clece en Andalucía.