O último en tecnoloxía de desinfección hospitalaria en Madrid da man de Clece

Madrid, maio de 2015. Clece, empresa multiservizos líder en servizos integrais a empresas, presentou nos Teatros del Canal ante as autoridades sanitarias madrileñas un innovador equipo para a desinfección hospitalaria da norteamericana Xenex Disinfection Services. Trátase do robot Xenex germ zapping que, grazas ao uso da luz ultravioleta xerada mediante lámpadas de gas xenon, pode destruír microorganismos patóxenos, como bacterias, fungos e virus, en poucos minutos. O robot é pioneiro en España, sendo Clece a primeira empresa do sector en implantar esta tecnoloxía de desinfección nos hospitais onde presta servizo. No resto de Europa, tan só un hospital británico, onde se está a realizar un estudo, conta con esta tecnoloxía.

Clece, que conta coa exclusividade do uso desta tecnoloxía en España e Portugal, dá con este robot un paso máis en técnicas de limpeza e desinfección, apostando pola innovación e a excelencia. O uso de ferramentas de última xeración fai de Clece un referente no mercado da limpeza e desinfección, ademais de xerar contornas seguras.

O robot complementa o actual método de limpeza e desinfección de superficies no ámbito hospitalario empregado por Clece, reforzando a limpeza e desinfección dos cuartos de pacientes infectados por microorganismos multirresistentes. De feito, o robot foi utilizado para a desinfección de habitacións de pacientes con ébola en hospitais dos EUA.

Desinfección mediante raios UV

A luz UV xerada mediante lámpadas de gas xenon pasa a través das paredes celulares de bacterias, virus e esporas bacterianas. Cando a radiación ultravioleta está dentro do microorganismo, xera uns danos que impide a súa multiplicación. O sistema é totalmente seguro, xa que conta coas máximas medidas de seguridade.

Entre as principais vantaxes que ofrece o uso do robot atopamos:

  • A protección da saúde de usuarios e profesionais do centro hospitalario ao mellorar a calidade da desinfección tanto das superficies coma do aire.
  • Gran rendemento do dispositivo, o que se traduce na diminución dos tempos de limpeza: o robot realiza os ciclos de desinfección en 5 minutos.
  • A tecnoloxía de desinfección empregada polo robot é verde, polo que non emprega produtos químicos.

Os responsables de Xenex e de Clece están moi satisfeitos coa incorporación do robot nos hospitais españois por supor un grande avance en innovación. No futuro, prevese que se poida incorporar a outros hospitais esta tecnoloxía de desinfección que ofrece Clece.

Vídeo demostrativo

Facilitámosvos unha ligazón dende onde poderedes descargar un vídeo demostrativo sobre o funcionamento do robot:
Preme nesta ligazón para descargar un vídeo demostrativo sobre o funcionamento do robot.