Primeira emisión con público do programa de radio «Gente Extraordinaria»

Primeira emisión con público do programa de radio «Gente Extraordinaria»

  •       Realizado por persoas con discapacidade intelectual da Fundación Síndrome de Down de Madrid.
  •       Logo de catro anos en antena, «Gente Extraordinaria» realizouse por primeira vez en aberto.
  •       Nun programa especial emitido dende os Teatros del Canal de Madrid.
     

Madrid, decembro de 2014. O programa de radio Gente Extraordinaria, realizado por persoas con discapacidade intelectual da Fundación Síndrome de Down de Madrid, Down Madrid, en colaboración con Gestiona Radio, emitiu o seu primeiro programa en aberto o pasado sábado 29 de novembro. Esta emisión constitúe un novo fito deste programa de variedades, que cumpre xa catro anos en antena, para o que trasladou a súa emisión aos Teatros del Canal de Madrid.

Con esta edición especial, amizades, familiares e seguidores tiveron a oportunidade de asistir en directo ao programa dirixido por Federico Cuenca-Romero. Ademais de como empresa encargada da xestión dos Teatros del Canal, Clece participou polo seu compromiso coa integración laboral dos colectivos máis desfavorecidos, entre os que están as persoas con discapacidade.

Nos micrófonos, Cristóbal Valderas, presidente de Clece, resaltou o enfoque social da actividade da empresa, por riba de calquera lei: «Non estamos por leis nin por ratios, senón por cultura de empresa. A proba son os máis de 5 000 traballadores pertencentes a colectivos socialmente desfavorecidos, moi por riba do que marcan as leis».

Xunto a Cristóbal Valderas compartiu mesa Albert Boadella, director artístico dos Teatros del Canal, quen tamén xestiona este espazo xunto a Clece. Ademais, este programa especial contou con actuacións musicais como as de El Mito de Noa e José María Guzmán, e coas entrevistas á cantante Martirio e ao actor Carlos Sobera.

Escoitar «Gente Extraordinaria» 29/11/2014

Primeira emisión con público do programa de radio «Gente Extraordinaria»

Primeira emissão com público do programa de rádio ‘Gente Extraordinária’

First public broadcast of ‘Gente Extraordinaria’ radio show

Primera emisión con público del programa de radio ‘Gente Extraordinaria’