Asinado o contrato de limpeza, mantemento e vixilancia dos colexios de Cáceres

Asinado o contrato de limpeza, mantemento e vixilancia dos colexios de Cáceres

25 de setembro de 2014. Clece ocuparase da limpeza, mantemento e vixilancia dos colexios de Cáceres. A nova adxudicación formalizouse hoxe durante a sinatura do contrato celebrada no consistorio cacereño ao que acudiron Elena Nevado, alcaldesa de Cáceres, e Francisco Lázaro, director da Dirección Rexional Centro de Clece.

Segundo explicou Elena Nevado, Clece farase cargo durante os dous próximos cursos escolares do servizo de limpeza de edificios, servizo de reparación e mantemento de equipos de edificios, e servizos de vixilancia dos 17 centros escolares públicos de Cáceres. O contrato terá unha duración de dous anos e pode ser prorrogado até un total de catro.

Pola súa banda, Francisco Lázaro destacou que Clece «ten unha grande especialización e experiencia nas actividades de limpeza, mantemento e seguridade, e implicarase de cheo nestes traballos co fin de responder á confianza outorgada para acometer o servizo».

Con data de inicio o 1 de outubro de 2014, a facturación por canon será de 873 893,41 euros ao ano. Ademais, inclúese como traballos por valoración o fornezo do combustible necesario para os sistemas de calefacción dos centros, cun gasto estimado nesta partida duns 167 025 euros anuais. Como mellora da oferta, Clece achegará unha bolsa económica de 80 000 euros ao ano.

O Grupo Clece leva prestando durante anos os servizos de limpeza, conservación e mantemento en máis de 550 centros educativos (entre colexios e escolas infantís), en ao redor de 40 universidades e en centros de investigación. Esta adxudicación pon de manifesto a confianza das administracións no traballo e a profesionalidade do Grupo Clece, así como a capacidade da compañía para xestionar persoas e optimizar recursos na execución de grandes contratos.