Clece leva a súa aposta pola integración laboral á Semana da Responsabilidade Social de Cataluña

Clece leva a súa aposta pola integración laboral á Semana da Responsabilidade Social de Cataluña

  • Na 5.ª edición do evento púxose en valor a importancia que ten para as compañías a RSC en tempos de crise.
  • A intervención de Clece abordou as claves do éxito do seu compromiso social e casos concretos de integración laboral da empresa.
  • Clece incorporou en 2013 máis de mil persoas procedentes de colectivos desfavorecidos.

5 de agosto de 2014. Grupo Clece estivo presente na 5.ª edición da Semana da Responsabilidade Social de Cataluña celebrada do 7 ao 12 de xullo en Barcelona. Iñigo Camilleri, responsable de selección e desenvolvemento da empresa, foi o encargado do relatorio, titulado «O compromiso social en Clece». Nel tratáronse as claves do éxito do proxecto social da entidade e presentáronse casos concretos de integración de colectivos desfavorecidos.

Neste sentido, Camilleri expuxo que un dos alicerces da compañía é «traballar pola integración e ofrecer ás persoas con dificultades a oportunidade de acceder ao mercado laboral». Un labor que, asegurou, «é fácil para esta empresa porque contamos co apoio dos directivos e cun elevado nivel de sensibilización por parte dos mandos intermedios, eliminando así prexuízos e estereotipos». A prioridade da empresa pola inserción de persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral fixo que no último ano se incorporasen a ela máis de 1 000 persoas procedentes de colectivos vulnerables entre os que se encontran mulleres vítimas da violencia de xénero, así como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

O Grupo Clece participou xunto a máis de 50 empresas e entidades nesta quinta edición da Semana da Responsabilidade Social de Cataluña, organizada por Ingeniería Social, SAL e a Asociación + Responsables. Grazas ao papel de todas as organizacións participantes e á implicación activa da cidadanía, a iniciativa logrou un ano máis o seu obxectivo: destacar a importancia que ten a RSC na xestión das empresas, entidades e administracións públicas. Durante a celebración do encontro, púxose en valor a rendibilidade que as políticas de responsabilidade social teñen para as organizacións, sobre todo en tempos de crise. E é que a súa aplicación supón grandes beneficios, tales como o uso eficiente dos recursos, a diferenciación dentro dun mercado cada vez máis globalizado, a xestión do cambio e o control na cadea de aprovisionamento empresarial.

Mediante a integración laboral de persoas con dificultades, Clece busca fomentar a igualdade de oportunidades. Así, con este tipo de accións, cumpre co alicerce fundamental que vertebra o seu compromiso social: as persoas. A política de RSC da empresa transcende o seu sistema de xestión e convértese en algo inherente ao seu funcionamento, unha forma de entender o negocio.