CLECE únese á carreira contra a pobreza

CLECE únese á carreira contra a pobreza

  • Unha iniciativa de Intermon Oxfam para recadar donativos e mobilizar a sociedade por un mundo mellor.
     
  • Clece participou co seu propio equipo no desafío deportivo de percorrer 100 quilómetros en 32 horas.
     
  • Con dobre convocatoria en Xirona e Madrid, a Oxfam Intermón Trailwalker congregou no noso país 493 equipos inscritos e logrou máis de 942 000 euros en donativos.
     

4 de agosto de 2014. Coincidindo coa súa chegada por vez primeira a Madrid, Clece uniuse á carreira solidaria Oxfam Trailwalker, celebrada o 5 de xullo, unha iniciativa da ONG Intermon Oxfam para recadar donativos e mobilizar a sociedade por un mundo mellor. A cita congregou 129 equipos nacionais e internacionais entre os que se atopaba un equipo de seis empregados de Clece.

Tras varios meses de adestramento, o equipo de Clece, integrado por catro corredores e dúas persoas de apoio, logrou o obxectivo de completar satisfactoriamente o gran desafío deportivo da Oxfam Trailwalker: percorrer 100 quilómetros nun máximo de 32 horas. Coa serra madrileña de escenario, os corredores saíron da localidade de Lozoya e finalizaron en Rascafría, conseguindo Clece a 8.ª posición cunha marca de 17 horas e 22 minutos.

O obxectivo da actividade é loitar contra a pobreza e a inxustiza, polo que os equipos, ademais de participaren a nivel deportivo, realizan doazóns económicas para colaborar coa ONG nos seus proxectos de cooperación, sensibilización e acción humanitaria. A convocatoria de Madrid veu precedida da carreira celebrada con grande éxito en Xirona que reuniu 340 equipos o pasado mes de abril. Entre ambas as cidades, a recadación obtida foi de 942 000 euros destinados integramente aos preto de 400 proxectos da ONG en todo o mundo. En concreto, Intermon Oxfam dedicará a recadación obtida no noso país aos proxectos Auga para Etiopía, Alimentos para Burkina Faso, Xustiza para Nicaragua, Terra en República Dominica, Sanidade en Sudán do Sur e Educación en Indonesia.

O Trailwalker era un exercicio de adestramento militar en Hong Kong. En 1981 pasou a converterse nun evento promovido por Oxfam para recadar donativos. Hoxe é un dos principais desafíos deportivos do mundo, con 16 eventos en 11 países. No noso país, son xa catro as edicións celebradas, coa participación de 1 133 equipos e unha recadación superior aos 2,5 millóns de euros.

A implicación de Clece na carreira enmárcase no seu amplo labor social, dirixido principalmente a colectivos socialmente vulnerables, un compromiso para o que colabora activamente con máis de 200 asociacións, fundacións e ONG.
 

Por favor acepta las cookies de marketing para poder ver este vídeo.