Clece clausura a 5.ª edición do Programa Superior de Desenvolvemento de xefes de servizo con 36 participantes

Madrid, 26 de xuño de 2014. Clece clausurou a 5.ª edición do Programa Superior de Desenvolvemento (PSD) impartido a 36 xefes de servizo. Enmarcado no plan anual de formación, o programa está deseñado especificamente para esta categoría profesional, clave en modelo de negocio da compañía.

Cun ano e medio de duración, o PSD achega aos participantes unha visión integral de todas as funcións do xefe de servizo para xestionar con éxito a súa actividade, facilitándolles ferramentas prácticas e coñecementos especializados sobre o negocio e a xestión de persoas. Para iso, os contidos parten da propia experiencia das diferentes empresas do grupo e son impartidos mediante unha metodoloxía baseada en casos prácticos elaborados por expertos internos e externos de alto nivel. Atendendo ao perfil dos participantes, o PSD ofrece ademais unha gran flexibilidade na súa realización grazas á combinación da formación en liña e a presencial.

Ao acto de clausura desta 5.ª edición do programa acudiron Javier Román Hernando, director xeral de Clece, e Purificación González Pérez, directora de recursos humanos da empresa. Ambos animaron os participantes a aproveitaren a formación para o seu desenvolvemento profesional e destacaron a importancia de manter unha forte orientación aos resultados que permita o crecemento da empresa e o compromiso desta coa sociedade.

Pola súa banda, os participantes valoraron positivamente o programa destacando a súa adaptación ás necesidades concretas da categoría profesional.