Grupo Clece e Nestlé Health Science establecen unha alianza para unha mellor atención das persoas maiores no ámbito da nutrición

Grupo Clece e Nestlé Health Science establecen unha alianza para unha mellor atención das persoas maiores no ámbito da nutrición

  • A colaboración susténtase en dous grandes eixes: a asesoría nutricional e a formación, que engade valor aos servizos asistenciais que o Grupo Clece ofrece aos seus maiores.

Madrid, 11 de xuño de 2014. O pasado 30 de maio, o GRUPO CLECE e NESTLÉ HEALTH SCIENCE selaron un acordo polo que establecer vías de colaboración que favorezan a incorporación de melloras no manexo nutricional das persoas maiores.

A alianza susténtase en dous grandes eixes: a asesoría nutricional e a formación, permitindo ao GRUPO CLECE beneficiarse da experiencia de NESTLÉ HEALTH SCIENCE. Neste sentido, por medio do seu departamento médico e do seu equipo de expertos en alimentación, nutrición clínica e dietética, NESTLÉ HEALTH SCIENCE traballará conxuntamente co equipo asistencial do GRUPO CLECE. Con iso, o GRUPO CLECE engade valor aos servizos asistenciais que ofrece aos seus maiores. En termos de asesoría nutricional, o acordo contempla a posta en marcha dun plan de verificación, estandarización e optimización das dietas especiais, tendo en conta as necesidades fisiolóxicas e patolóxicas das persoas maiores, nos centros que rexenta o GRUPO CLECE. Así mesmo, o persoal sanitario do grupo seguirá un programa formativo deseñado e desenvolvido por NESTLÉ HEALTH SCIENCE orientado ao eido da nutrición clínica, dando resposta deste xeito ao empeño do GRUPO CLECE por contar cos mellores.

Para Walter Molhoek, director xeral de NESTLÉ HEALTH SCIENCE IBERIA, «este acordo é unha moi boa oportunidade para establecer sinerxías e plans de traballo conxuntos. O obxectivo final é colaborar na mellora da atención e a calidade de vida das persoas maiores».

Segundo Cristóbal Valderas Alvarado, director xeral do GRUPO CLECE, «o noso obxectivo é procurarlles o máximo benestar ás persoas beneficiarias dos servizos que prestamos. Queremos para os nosos maiores a mellor calidade de vida. Por iso, nas residencias e centros que xestionamos traballamos para promover unha vida activa, plena e independente. Para iso, a nutrición é un elemento clave de saúde e benestar. Así, contar cun socio especializado como NESTLÉ HEALTH SCIENCE supón unha oportunidade de mellora nos nosos servizos e un claro beneficio para os usuarios».