Talher e Clece, recoñecidas por fomentar o emprego en Sabadell

Talher e Clece, recoñecidas por fomentar o emprego en Sabadell

Marzo 2014. O Concello de Sabadell, a través do seu Servizo de Promoción Económica, Vapor Llonch, recoñeceu o labor de Clece no fomento do emprego e a igualdade de oportunidades laborais no municipio barcelonés. En Sabadell , Clece conta con preto de 300 traballadores prestando servizos nos sectores de limpeza, mantemento, xardinaría e axuda a domicilio.

O recoñecemento, personalizado no propio alcalde de Sabadell, Joan Carles Sánchez, materializouse no marco da 3.ª edición da xornada IntegraRSE, unha iniciativa municipal de recoñecemento público en que se premia aquelas empresas que acrediten a calidade de "empresa socialmente responsable no ámbito da igualdade de oportunidades e a xestión da diversidade” ou a súa colaboración cos programas municipais de fomento do emprego.

Clece e Talher estiveron entre as empresas recoñecidas nesta edición que foi presentada polo xornalista Manuel Campo Vidal e contou coa representación da Deputación de Barcelona e o Departamento Empresa e Ocupación da Generalitat de Cataluña, entre outras autoridades. Jose Luís Muñoz, por parte de Clece, e David Gómez, por parte de Talher, foron os encargados de recoller os diplomas.