A residencia Fort Pienc, cuxa titularidade é do Concello de Barcelona e está actualmente xestionada por Clece, recibiu a credencial de calidade da Joint Commission International (JCI) nun acto que tivo lugar o mércores 11 de xaneiro no Palau da Música e que contou coa presenza do alcalde de Barcelona, Xavier Trias, e do Conselleiro de Saúde da Generalitat de Catalunya, Boi Ruiz.
Trátase dun dos sistemas de calidade máis esixentes do mundo, cuxa credencial é outorgada en España pola Fundación para a Acreditación e o Desenvolvemento Asistencial, recoñecida pola JCI no noso país. Para a súa concesión, téñense en conta estándares asociados á atención aos pacientes e á xestión do equipamento.
A credencial foi entregada polo Presidente do Padroado da Fundación Avedis Donabedian, Alvar Net, á Comisionada da Gent Gran do Concello de Barcelona, Assumpció Roset.
Vén recoñecer o compromiso de Clece, empresa xestora do centro, coa mellora constante e a calidade nos seus servizos. No caso dos estándares asociados ao paciente, a JCI ten en conta criterios como a accesibilidade e continuidade na atención ao usuario, os dereitos do mesmo e a súa familia, así como a avaliación, a educación e o apoio que se lle ofrecen. Polo que respecta á organización, a JCI valorou aspectos como a xestión e a mellora da calidade, a prevención e o control de infeccións, a xestión e seguridade das instalacións ou a formación e cualificación do persoal.
A residencia e centro de día Fort Pienc abriu en 2003. É un centro de titularidade municipal xestionado por Clece de 6 690 m2, con 137 prazas de residencia e 30 de centro de día. A credencial outorgada pola Joint Commission International, que supón un recoñecemento colectivo para todo o cadro de persoal do centro, ten unha vixencia de tres anos. A Joint Commission International (JCI) é unha división da Joint Commission on Accreditation of Healthcare Organizations (JCAHO) que inspecciona a nivel internacional, mediante un proceso voluntario de acreditación, uns 20 000 centros do ámbito sociosanitario.