As persoas > O valor das persoas

O valor das persoas

O equipo humano é un dos principais valores nos que se fundamenta o éxito de Clece.

O desenvolvemento dunha política activa de recursos humanos é unha das nosas claves para xerar un valor engadido na calidade dos nosos servizos e nas persoas que forman parte do noso equipo.

Catro áreas esenciais

Esta política céntrase en catro áreas esenciais tanto para a empresa coma para os profesionais.

  • DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E PERSOAL

    Dende o momento da incorporación poténciase o talento e a proxección dos nosos profesionais a través da integración, o traballo en equipo e a asunción de responsabilidades. Deste xeito, a motivación e satisfacción convértense nas liñas mestras para o desenvolvemento das competencias profesionais.

  • SISTEMA DE FORMACIÓN CONTINUA

    O obxectivo da súa implantación é formar os traballadores mediante procesos continuos de desenvolvemento e aprendizaxe. Perséguese facilitar a evolución no posto de traballo e o desenvolvemento profesional e persoal, permitindo o crecemento de Clece a través da mellora do servizo e da satisfacción do cliente.

  • INNOVACIÓN

    A iniciativa persoal e a innovación son valores fundamentais nos procesos de traballo. Foméntase a comunicación nos equipos de traballo co obxectivo de poder actuar con rapidez e flexibilidade.

  • PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

    A preocupación pola prevención de riscos laborais é unha constante en Clece. Por iso, a través de sistemas de acción preventiva, de vixilancia da saúde e do estrito cumprimento da normativa vixente, integramos a seguridade e a saúde laboral en todo o conxunto de actividades da empresa.

Os mellores profesionais

Grazas ao compromiso adquirido por Clece co seu capital humano, fomos capaces de crear un sistema de xestión das persoas que nos permite fomentar e manter un persoal identificado cunha cultura de empresa e un proxecto común. Contamos cos mellores profesionais a todos os niveis.

SGSAudelco BV BSI Empresa colaboradora en el Reto del Agua de Canal de Isabel IIAlzheimer 2011 InternacionalClece es empresa colaboradora del Observatorio Ambiental y de Responsabilidad Social en el Ambito Sanitario (OMARS)
Aviso legal | CLECE S.A. © 2012 | Clece