Un servizo de restauración integral e innovador no Hospital Son Espases

No mes de marzo cúmprese un ano dende que Clece Restauración culminase a posta en marcha do servizo integral de restauración para pacientes, cafetaría e restaurante do Hospital Son Espases de Mallorca.

No mes de marzo cúmprese un ano dende que Clece Restauración culminase a posta en marcha do servizo integral de restauración para pacientes, cafetaría e restaurante do Hospital Son Espases de Mallorca. Dende entón, Clece Restauración xestiona con éxito este servizo, elaborando e distribuíndo ao redor de 5 600 comidas diarias entre pacientes e cadro de persoal. Ademais, a empresa faise cargo de todas as consumicións das persoas que acoden á cafetaría pública ou aos innovadores espazos que Clece incorporou ao hospital, como son a cafetaría gourmet, a croissantaríae o restaurante.

Centro de referencia

O Hospital Universitario de Son Espases, que colleu o relevo do Hospital Son Dureta de Palma de Mallorca, converteuse nun centro de referencia en Europa e conta cunhas modernas instalacións. Cunha superficie edificada total de máis de 172 000 m2, ten capacidade para 773 camas de hospitalización, 26 quirófanos, 80 boxes de coidados intensivos, 60 boxes para atención de urxencias, 183 espazos para consultas e conta con 4 300 traballadores. Este centro médico é un proxecto moderno que incorpora as principais innovacións tecnolóxicas e de sistemas de información e que permite un avance cualitativo moi importante na atención aos pacientes que requiren atención hospitalaria altamente cualificada.

Como centro de referencia para toda a poboación das Illas Baleares, atende de forma directa uns 330 000 habitantes do sector poñente de Palma e dos concellos de Esporles, Banyalbufar, Estellencs, Valldemossa, Andraitx, Calvià, Sóller, Fornalutx e Deià.

Sentirse coma na casa

“A restauración hospitalaria ten unha maior complexidade ca outro tipo de restauración, xa que a satisfacción do cliente é moito máis complicada ca noutras situacións debido ao escenario en que se enmarca. Dende Clece Restauración, o noso obxectivo é romper con esta tradicional barreira e facer sentirse tanto a pacientes, equipo profesional e visitas coma na casa”, destaca Enrique Ordóñez, Director de Clece Restauración.

Para poder ofrecer o mellor servizo, Clece Restauración conta en Son Espases cun equipo de 153 profesionais en restauración hospitalaria. Este equipo é o encargado da elaboración de 3 200 menús diarios para pacientes e 1 600 para profesionais mediante un sistema de produción de liña fría; este sistema, que combina a cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores, proporciona plenas garantías de seguridade e nutrición. Para vixiar as necesidades específicas de cada paciente, a empresa utiliza unha aplicación específica denominada NUTRI, “un sistema que permite realizar unha vixilancia exhaustiva das dietas terapéuticas de forma personalizada”, segundo explica Enrique Ordóñez.

Ademais do servizo aos pacientes, Clece xestiona dúas cafetarías, unha para o cadro de persoal do hospital e outra aberta ao público. As dúas comparten cociña e están abertas de 7.00 a 0.00 h todos os días, son de tipo autoservizo e contan cunha variada oferta de menús, pratos combinados, bocadillos, tapas ou doces caseiros, entre outras opcións.

Espazos innovadores e unha xestión de calidade

“Nun centro moderno como é o Hospital Son Espases consideramos que sería interesante ofrecer un espazo diferente ás ofertas clásicas dos hospitais. Por iso, ademais do servizo a pacientes e as cafetarías para o público e os empregados, decidiuse reforzar o servizo de restauración con tres espazos máis: un restaurante, unha cafetaría gourmet e unha croissantaría”, destaca Enrique Ordóñez.

Es Cafetoé unha cafetaría gourmet situada na zona de hospitalización. Ten capacidade para 60 persoas, ofrece un ambiente tranquilo e a oportunidade de degustar un bo café e unha oferta gastronómica especializada en produtos delicatessen.

Situado á beira da entrada de consultas externas e da parada do autobús, Es Fornet é un espazo concibido para tomar un café rápido ou probar os doces de elaboración propia, a variedade de bocadillos ou comprar pan que acaba de saír do forno.

O servizo de restauración complétao o restaurante Mengem, con servizo tipo free flow e menús baseados na dieta mediterránea. A elaboración dos pratos realízase de face ao público cunha selección de alimentos de primeira calidade.

O servizo integral implantado por Clece Restauración, unha das primeiras empresas do sector en lograr a certificación ISO 22000 en Inocuidade de Alimentos, “supón un modelo pioneiro en innovación con ideas de negocio que buscan a maior comodidade do cliente en termos de calidade e seguridade e sitúa Son Espases como referente en producións hospitalarias de liña fría, así como Clece nunha empresa de referencia na produción en Liña Fría Hospitalaria, cos Hospitais de Bellvitge, Villadecans, Arnau de Villanova e Santa Maria de Lleida e o Hospital de Guadix”, destaca Ordóñez.

SGSAudelco BV BSI Empresa colaboradora en el Reto del Agua de Canal de Isabel IIAlzheimer 2011 InternacionalClece es empresa colaboradora del Observatorio Ambiental y de Responsabilidad Social en el Ambito Sanitario (OMARS)
Avís legal | CLECE S.A. © 2012 | Clece