Actividades > Servizos Educativos

Coidamos os primeiros anos das súas vidas

Os servizos educativos prestados dende Clece abranguen diferentes prestacións dirixidas, maioritariamente, ao colectivo de menores. Nesta etapa, nos primeiros anos de escolarización, coidamos os nosos pequenos realizando un labor complementario coa familia na atención ás súas necesidades esenciais para a súa felicidade e desenvolvemento, centrándonos nos hábitos de alimentación, hixiene e descanso.

Escolas infantís

En Clece levamos máis de 10 anos xestionando escolas infantís de primeiro ciclo (0 a 3 anos) en toda España. Na actualidade temos máis de 4 000 alumnos nesta franxa de idade, distribuídos en 63 escolas infantís que xestionamos en réxime de concesión administrativa, impulsadas por concellos e comunidades autónomas.

Contamos cun equipo de máis de 500 profesionais coa vocación e implicación que o primeiro período de formación require.

Monitores

Servizo de soporte educativo nos diferentes niveis de escolarización fóra do horario lectivo e que se ofrecen dende os centros escolares. Ten como obxectivo fundamental acoller alumnos dentro da mesma contorna escolar ofrecendo actividades e prestacións complementarias coherentes coa liña pedagóxica establecida: vixiantes de comedor, aulas matinais etcétera.

Monitores de educación especial

Servizo de soporte educativo nos diferentes niveis de escolarización, dentro e fóra do horario lectivo, que dispoñen os centros escolares co obxectivo de complementar e dar continuidade ao proceso educativo naqueles alumnos con necesidades educativas especiais (dificultades motrices, hiperactividade, discapacidades sensoriais…) a través dun servizo especializado e adaptado ao proxecto educativo de cada centro.

Acompañamento no transporte escolar

Servizo de acompañamento mediante monitores nas rutas escolares.

63 escolas infantís e máis de 4 000 nenos atendidos
Solicite información >>
SGSAudelco BV BSI Empresa colaboradora en el Reto del Agua de Canal de Isabel IIAlzheimer 2011 InternacionalClece es empresa colaboradora del Observatorio Ambiental y de Responsabilidad Social en el Ambito Sanitario (OMARS)
Aviso Legal | CLECE S.A. © 2012 | Clece