O medio natural e a preservación do noso ecosistema é unha preocupación crecente que forma parte da axenda de calquera administración e empresa. Para dar resposta a necesidades como o mantemento e conservación de parques e de xardíns, restauración paisaxista, prevención e loita contra incendios, recuperación do litoral e de ribeiras fluviais, Clece conta cun equipo altamente especializado que ofrece servizos ambientais dende hai 30 anos, sobre todo a través da súa filial Talher.
Na súa longa traxectoria traballando no mercado verde, Clece levou a cabo destacados proxectos en todo o territorio nacional grazas á súa extensa presenza e profesionalidade técnica, mantendo zonas verdes para unha poboación de 3,5 millóns, realizando parques de nova construción cunha media de 160 000 m2 ao ano ou levando a cabo tratamentos silvícolas cunha media de 4 000 hectáreas/ano.
Amplo abano de servizos para mellorar a nosa contorna
Obras e servizos de xardinaría
-
Mantemento e conservación de xardíns
-
Construción de xardíns
-
Servizos de mantemento para instalacións deportivas
-
Podas e transplantes
Servizos forestais
-
Prevención e extinción de incendios
-
Tratamentos silvícolas para defensa, fomento e mellora do monte
-
Repoboacións e medidas de corrección hidrolóxico-forestal
-
Plantacións para produción de masa forestal
-
Aproveitamentos forestais, principalmente madeireiros
Recuperación ambiental
-
Restauración e corrección hidrolóxica
-
Recuperación de ribeiras, zonas húmidas e costeiras
-
Recuperación ambiental de áreas degradadas
-
Integración paisaxística e corrección do impacto ambiental causado por infraestruturas públicas e obra civil
-
Recuperación de ecosistemas e actuacións en espazos naturais
Mantemento de infraestruturas
Talher leva a cabo a conservación e o mantemento, e executa as obras de construción de infraestruturas e servizos ambientais como:
-
Mantemento verde de liñas de ferrocarril
-
Conservación, mantemento, limpeza e xestión de infraestruturas viarias
-
Limpeza e drenaxe de canles
-
Obras de construción de uso agropecuario
-
Obras de construción de uso cinexético e piscícola
-
Obras de construción de edificacións de uso público (aulas da natureza, centros de interpretación etcétera)
-
Vías verdes e camiños naturais
Traballos de xestión de fauna natural e urbana
Mantemento e mellora de hábitats, estudos de fauna, control de poboacións, control veterinario, auditorías sanitarias, construción, xestión e mantemento de centros de fauna.
Soluciones para el Medio Ambiente, S.L.
Outra das filiais de Clece, Soluciones para el Medio Ambiente, S.L. (SMA), achega a súa propia carteira de servizos neste ámbito:
-
Educación ambiental: deseño e desenvolvemento de programas adaptados a diferentes ámbitos: escolares, colectivos específicos, público en xeral...
-
Materiais didácticos: folletos, cadernos de traballo, manuais de orientacións didácticas, guías técnicas e divulgativas etcétera
-
Deseño e exposicións: dende a concepción da idea inicial até o desenvolvemento do proxecto
-
Centros de interpretación
-
Xestión de fauna
-
Equipamento e sinalización
-
Proxectos de paisaxismo e uso público