Actividades > Servizos aeroportuarios

Todo a punto para facer posible o pracer de voar

Clece é líder a nivel nacional en prestación de servizos aeroportuarios con presenza na case totalidade da rede de AENA e con instalacións e oficinas nos principais aeroportos da devandita rede.

A gama de servizos que se prestan nos aeroportos, tanto en terra coma en aire, van dende a atención e información aos usuarios até o mantemento das infraestruturas aeroportuarias e servizos especiais a aeronaves, tendo como principais clientes as empresas que operan no territorio nacional, así como o xestor das infraestruturas aeroportuarias (AENA).

O principal gran aval do noso grupo é a experiencia no mundo aeroportuario de máis de 30 anos dos profesionais que xestionan as diferentes actividades obxecto dos nosos servizos.

Compañías líderes

A nosa organización presta os seus servizos no ámbito aeroportuario a través da propia marca Clece e tamén mediante as filiais especializadas Multiservicios Aeroportuarios (MA) e Clever Handling Services. Neste mapa obsérvase a presenza concreta en cada aeroporto español:

 
MA

Multiservicios Aeroportuarios: avións sempre limpos

Empresa especializada na prestación de servizos aeroportuarios, con sede principal en Madrid-Barajas. Actúa na práctica totalidade dos aeroportos españois.

A súa principal actividade é a limpeza de avións, aínda que presta todo tipo de servizos aeroportuarios, incluíndo o mantemento de aeronaves, aspecto para o cal está certificada (EASA 145).

Máis información

Clever

Clever: cos pés no chan

Clever Handling Services é a filial de Clece que ofrece servizos de asistencia en terra.

Foi creada en xullo de 2006 e na actualidade ten presenza en tres aeroportos españois (Fuerteventura, Lanzarote e Málaga). Conta con máis de 300 empregados e unha nutrida lista de compañías asistidas de renome internacional.

Máis información

SGSAudelco BV BSI Empresa colaboradora en el Reto del Agua de Canal de Isabel IIAlzheimer 2011 InternacionalClece es empresa colaboradora del Observatorio Ambiental y de Responsabilidad Social en el Ambito Sanitario (OMARS)
Aviso Legal | CLECE S.A. © 2012 | Clece