Clece presta servizos sociais de alta calidade a través de acordos cunha crecente relación de entidades, en especial de natureza pública.
A través destes servizos, axudamos a mellorar a calidade de vida dos colectivos máis sensibles da nosa sociedade: maiores, nenos, persoas con discapacidade e todas aquelas persoas que están en risco de exclusión social, cunha clara vocación de servizo e co obxectivo de promover o completo desenvolvemento das persoas, a autonomía persoal ou a integración social.
Para prestar esta atención requírese, ademais da vontade da sociedade e dos recursos que as administracións públicas dedican, unha enorme capacidade loxística e unha dedicación completa.
Servizo dirixido a persoas e familias en situación de dependencia co obxectivo fundamental de promover unha mellor calidade de vida, potenciando a súa autonomía e unhas condicións axeitadas de convivencia na súa propia contorna familiar e sociocomunitaria, procurando a súa seguridade e confianza.
Este servizo non só se dirixe aos colectivos dependentes, senón a outros con necesidades puntuais con obxecto de conciliar a vida laboral e familiar: nais de familias numerosas, monoparentais ou cun parto múltiple nos primeiros días de volta á casa tras o parto etcétera.
En todos os casos, a nosa misión é proporcionar atencións persoais (hixiene, medicación, hábitos...), soporte social (acompañamentos, participación na contorna...) e axuda nas tarefas do fogar (limpeza, alimentación...).
Residencias
Equipamentos de acollida residencial para a terceira idade que teñen como obxectivo facilitar unha contorna substitutiva do fogar axeitada ás necesidades de asistencia, favorecendo o mantemento ou a recuperación do máximo grao de autonomía persoal. Nestas instalacións especializadas prestamos asistencia integral dende os puntos de vista sanitario, persoal e social, todo iso aplicado na vida diaria segundo as diferentes situacións de dependencia.

Centros de día
Equipamentos de acollida diúrna que dan soporte á terceira idade. Teñen como obxectivo favorecer a recuperación e conservación da autonomía persoal e social, mantendo a persoa na súa contorna persoal e familiar, ademais de darlles soporte ás familias. Este servizo proporciona organización, supervisión e asistencia nas actividades da vida diaria.
Pisos tutelados
Equipamento social que ten como obxectivo dotar as persoas autónomas da terceira idade dunha vivenda adaptada, segura, confortable e integrada na comunidade, circunstancias que non pode asegurar a súa situación sociofamiliar. Ademais, dispón dun servizo dirixido á prevención e contención da deterioración física e psíquica.
Xestión de centros infantís
Centros de educación infantil que teñen como obxectivo, conxuntamente coas familias, o pleno desenvolvemento das capacidades físicas, afectivas, intelectuais e sociais dos nenos, atendendo ás necesidades básicas dende unha vertente educativa e lúdica.

Monitores
Servizo de soporte educativo nos diferentes niveis de escolarización fóra do horario lectivo e que se ofrece dende os centros escolares. Ten como obxectivo fundamental acoller os alumnos dentro da mesma contorna escolar ofrecendo actividades e prestacións complementarias coherentes coa liña pedagóxica establecida: vixiantes de comedor, aulas matinais etcétera.
Monitores de educación Especial
Servizo de soporte educativo nos diferentes niveis de escolarización dentro e fóra do horario lectivo, de que dispoñen os centros escolares co obxectivo de complementar e darlle continuidade ao proceso educativo naqueles alumnos con necesidades educativas especiais (dificultades motrices, hiperactividade, discapacidades sensoriais...) a través dun servizo especializado e adaptado ao proxecto educativo de cada centro.
Acompañamento en transporte escolar
Servizo de acompañamento nas rutas escolares mediante monitores
Residencia
Servizo residencial para persoas con discapacidade física ou psíquica e dependentes que non poden realizar por si mesmas as actividades básicas da vida diaria. Son persoas que precisan dunha atención integral e cuxas circunstancias sociofamiliares requiren a substitución do fogar.

Centro de día
Servizos especializados para persoas con discapacidade (nenos, novos ou adultos). Ofrecen atención para cubrir as necesidades persoais básicas, terapéuticas e socioculturais con obxecto de mellorar a súa calidade de vida e potenciar a súa autonomía persoal. Promoven a permanencia das persoas na súa contorna habitual e proporciónanlles apoio e orientación ás familias.
Centro ocupacional
Os centros ocupacionais perseguen a autonomía, tanto a nivel persoal como social, dentro das posibilidades de cada persoa con discapacidade. O fin último é que poidan desenvolver unha vida máis independente, máis responsable e con máis posibilidades dunha axeitada inserción social.
Mulleres maltratadas
Mediante centros de atención ou casas de acollida, préstaselles apoio ás mulleres que rompesen cunha situación de malos tratos co consecuente abandono do fogar, arroupándoas no seu proceso de ruptura do ciclo de violencia e na superación das secuelas dos malos tratos, segundo as necesidades de cada caso.
Centros de menores
Acollida temporal de nenos e adolescentes que están en situación de risco ou desprotección por problemáticas familiares ou sociais, procurando que fagan unha vida o máis normal posible como elemento de tránsito cara á emancipación ou cara a medidas de protección definitivas, como volver á familia de orixe ou acceder a outra familia en adopción.
Persoas sen fogar
Mediante centros de atención, realízase a prestación de servizos de acollida, promoción e reinserción social e laboral destas persoas en risco de exclusión social.
Talleres de animación
Clece conta con profesionais con experiencia e vocación para organizar e impartir talleres de animación co obxectivo dun completo desenvolvemento persoal.
Xestión de espazos deportivos
Apoio administrativo ás administracións públicas.