Clece ten unha experiencia de máis de 5 anos na prestación de servizos enerxéticos integrais.
Co horizonte común dunha optimización dos consumos enerxéticos, abórdanse, entre outros, os seguintes traballos:
-
Asesoramento en contratación das subministracións enerxéticas (electricidade, gas...),
garantíndolles aos nosos clientes o menor custo e a súa correcta contratación
-
Implantación dun sistema de xestión enerxética baseado na norma UNE 21630.1 ou
EN 16001
-
Control e seguimento do consumo da instalación, con elaboración de informes
-
Auditoría enerxética detallada, analizando os sistemas de iluminación, calefacción,
climatización e envolvente térmica
-
Deseño e instalación de enerxías renovables: enerxía solar térmica, enerxía solar
fotovoltaica, biomasa etcétera
-
Deseño e instalación de sistemas de alta eficiencia: coxeracións e trixeracións
-
Contratos de servizos enerxéticos integrais (contratos de rendemento enerxético):
-
Aforros garantidos
-
Aforros compartidos con financiamento parcial das obras e reformas resultantes da
auditoría enerxética
-
Subministración e xestión enerxética con financiamento das obras e reformas
Experiencia
Clece dispón máis de 80 contratos en España que inclúen a prestación da subministración enerxética. Xestionamos de forma directa e baixo a nosa total responsabilidade máis de 15 GWh, con aforros medios de máis do 15%.
Entre as nosas credenciais de servizos enerxéticos figuran investimentos baseados no aforro enerxético de máis de 2,5 millóns de euros para un só edificio.