Actividades > Loxística

Expertos en servizos loxísticos e de apoio á produción

Clece conta con máis de dez anos de experiencia en procesos de externalización de servizos de apoio á cadea de produción (outsourcing industrial), incluídos os servizos loxísticos directamente nas instalacións dos nosos clientes.

Clece Servizos Loxísticos ofrécelles ás empresas a posibilidade de facerse cargo daqueles procesos que non formen parte da súa actividade principal, conseguindo con esta externalización vantaxes competitivas que lles axuden a centrarse no seu negocio principal, o que en última instancia se traduce nunha mellora global da súa actividade

Xestión de almacéns

Clece xestiona o seu almacén mediante os medios humanos e materiais necesarios, desenvolvendo a través do noso persoal especializado tarefas como:

  • Recepción e expedición de mercadorías
  • Xestión e control de stock
  • Xestión de compras
  • Servizos administrativos asociados
  • Servizos asociados: separación de pedidos, etiquetaxe...

Xestión integral da loxística interna

Clece asume todos os fluxos de mercadoría, documentación ou calquera elemento que a súa organización necesite distribuír periodicamente dentro ou entre as súas instalacións. Especificamente, a nosa oferta contempla:

  • Xestión de fluxos internos
  • Aprovisionamento á produción
  • Distribución interna
  • Procesos asociados

Apoio a produción (BPO)

Clece realiza as actividades auxiliares ao seu proceso produtivo, optimizando e facilitando a súa xestión:

  • Montaxes previas
  • Acabados e empaquetados manuais
  • Manipulados
  • Embalaxes
  • Preparación de vehículos
SGSAudelco BV BSI Empresa colaboradora en el Reto del Agua de Canal de Isabel IIAlzheimer 2011 InternacionalClece es empresa colaboradora del Observatorio Ambiental y de Responsabilidad Social en el Ambito Sanitario (OMARS)
Aviso Legal | CLECE S.A. © 2012 | Clece