Clece ofrece a contratación estratéxica, total ou parcial, daqueles servizos que son necesarios para o funcionamento óptimo dun edificio, integrados e coordinados nunha única unidade de xestión, baixo un contrato e un interlocutor únicos.
As vantaxes dos nosos clientes ao contrataren os servizos de forma global con Clece son:
-
Especialización, tanto na xestión coma na prestación de servizos integrados
-
Adecuación dos distintos servizos ás necesidades dos clientes, colaborando con eles na mellora dos seus resultados
-
Achega aos nosos clientes de solucións moi competitivas en calidade e prezo
-
Selección, capacitación e formación dun equipo humano especializado para cada necesidade de servizo
-
Dedicación do cliente á súa actividade principal, xa que a xestión integral dos servizos queda delegada nunha única empresa
Os nosos servizos van dende o mantemento das instalacións técnicas até a prestación de servizos auxiliares (limpeza, seguridade, hixienización, servizos de información, medio natural etcétera).