Actividades > Limpeza

Líder no sector da limpeza por dimensión e calidade

A ampla experiencia, cualificación e factor humano do noso persoal acreditan a máxima calidade nos servizos prestados, sexa cal for o grao de especialización solicitado. Clece está á vangarda na implantación de novos sistemas e tecnoloxías de limpeza.

O noso obxectivo é garantir o óptimo grao de limpeza ao mínimo custo.

Actividades

  • Limpeza ordinaria (metodoloxía tradicional e metodoloxía específica)
  • Limpezas técnicas (montaxe e desmontaxe de instalacións)
  • Hixienización/tratamentos D-D-D/tratamentos contra lexionela
  • Limpeza específica de teitos e falsos teitos
  • Protección de paramentos e limpeza de grafites.
  • Limpeza de cristais e paramentos en altura cun menor impacto ambiental e novas tecnoloxías

Clece achega unha metodoloxía específica e diferencial cuxos principais expoñentes son:

VARRIDO HÚMIDO CON DOBRE BALDE:

Con este sistema conseguimos fregar o chan sempre con auga limpa e a solución deterxente-desinfectante axeitada sen encharcar e con fácil e rápido secado. O equipo consta dun pequeno carro con dous baldes –un azul (auga limpa + solución desinfectante) e un vermello (auga sucia)– e unha prensa sobre o cubo vermello.

MÉTODO DAS 3 CORES:

  • Grupo amarelo: limpeza de billame, bañeiras e lavabos (zonas molladas)
  • Grupo azul: limpeza de mobiliario en xeral e paredes (zonas secas)
  • Grupo vermello: limpeza de WC, bidé e urinarios
  • Grupo verde: calquera outro uso

LIMPEZA MEDIANTE MICROFIBRAS:

Método de limpeza con mopas e baetas impregnadas nunha solución desinfectante que se substitúen en cada dependencia por novas unidades co fin de evitar o traspaso de xermes.

DESINFECCIÓN POR VAPOR:

Permítenos aspirar e vaporizar mediante un equipo especial calquera superficie, eliminando así a sucidade e prolongando o efecto da desinfección.

SGSAudelco BV BSI Empresa colaboradora en el Reto del Agua de Canal de Isabel IIAlzheimer 2011 InternacionalClece es empresa colaboradora del Observatorio Ambiental y de Responsabilidad Social en el Ambito Sanitario (OMARS)
Aviso Legal | CLECE S.A. © 2012 | Clece